top of page
CLOWNRISE!
CLOWNRISE!

lun 03 apr

|

O Carballiño

CLOWNRISE!

ClownRise é un taller intensivo profesional sobre el arte del clown.

I biglietti non sono in vendita
Scopri gli altri eventi

Orario & Sede

03 apr 2023, 17:00 – 05 apr 2023, 17:00

O Carballiño, 30, Av. do Balneario, 28, 32500 O Carballiño, Ourense, Spagna

Info sull'evento

ClownRise - Workshop intensivo de clown.  ClownRise é un taller intensivo sobre o clown destinado a todos aqueles que queren aprender as estruturas do xogo clown e empezar un proceso de creación.  O curso segue o meu método de ensino e creación: “Arteterapia para o Desenvolvemento das Artes Escénicas e o Crecemento Persoal”, no que conflúen o Clown, o Arteterapia, a Gestalt e outras técnicas que aprendín durante o meu percorrido persoal de investigación. O uso destas técnicas converte os meus talleres en algo único, sobre todo grazas ao uso da arteterapia, a través da cal o proceso de estudo e creación do clown é máis auténtico e profundo.  Na arte do clown existen arquetipos de clown e estruturas de xogo (branco, augusto e contragusto - irmán maior e irmán menor, complicidade e contraste, etc...) O que propoño no meu taller, ademais de xogos e improvisacións, é a exploración e a comprensión, a través dunha sesión de arteterapia, das estruturas e arquetipos do clown antes mencionados. Como é o noso “Branco”? E o noso Augusto? Con que parte de nós estamos en desacordo ou en complicidade? Podemos ser cómplices do noso lado contrastante?  Estas partes tomarán vida nas improvisacións, con nomes, vestiarios, idades, biografías, etc.... Ata chegar a unha primeira etapa de creación de número.  Quen xoga establece unha relación positiva consigo mesmo e co mundo circundante. O xogo convértese nunha forma de experimentación ou revisión da realidade e axuda a superar os nosos límites. Todo está a servizo do xogo. Sucede algo máxico...os participantes convértense en alquimistas, entran en contacto coa súa propia realidade interna, para coñecela, aceptala e transformala.  METODOLOXÍA  Quecemento muscular lixeiro.  Exploración de espazo.  Técnicas de meditación e relaxación.  Xogos e exercicios para crear empatía, escoita e complicidade entre os participantes.  Estruturas de xogos.  Sesión de arteterapia.  Exercicios de exploración sobre as 4 emocións básicas.  Estudo da prosodia do Clown.

TES QUE TRAER  Roupa e calcetíns cómodos. Cada participante debe traer un nariz vermello con elástico, roupa, gorros e accesorios que lle gustaría usar durante as improvisacións.

3 follas de papel EVA 50x70  3 rolos de papel crepe 3 follas de papel brístol 50x70, cinta adhesiva, cola Uhu, grampadora e grampas, tesoiras.  Unha botella de auga (para beber)

Curso Presencial no Carballiño, Ourense. Auditorio Municipal "Manuel María" Datas e horario: Abril 2023 Luns 3 de 17:00 a 21:00 Martes 4 de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 Mércores 5 de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 22:00 O día 5 ás 20:30h. farase unha mostra do traballo do curso aberta ó público.

Condividi questo evento

bottom of page